9- O Pintor de Frechas Amarelas

E_Valiña          Elías Valiña, o cura de Cebreiro, es una referencia obligada en el Camino de Santiago, y nadie mejor que Antón Pombo para hablarnos de él. Antón es un buen amigo con el que he coincidido en no pocas ocasiones, desde limpiando chapapote hasta presentando un Comunicado en unNueva imagen (3)-bmp - copia congreso jacobeo en el que era miembro del tribunal, pasando por más de una actividad de la AGACS de la que fue significado presidente. Su condición de miembro del Comité Internacional de expertos del Camino de Santiago, de autor de prestigiosas guías del Camino, de periodista de revistas jacobeas, le convierten en una de las plumas jacobeas más autorizadas. Yo me quedo con lo más valioso, su amistad. Fruto de ella, Antón me presta para la ocasión el artículo “O Pintor de Frechas Amarelas”, escrito en gallego, que recibió el premio 2010 de la Asociación da Prensa de A Coruña.

 

O PINTOR DE FRECHAS AMARELAS

Premio ‘Alejandro Pérez Lugín 2010’ (Asoc. da Prensa de A Coruña)

anton2bpomboAvaliando o Ano Santo que remata, os máis dos analistas se quedan na visión cuantitativa, que cando menos a simple vista nos fala dunha ruptura de tódalas previsións no tocante á chegada de peregrinos e turistas, un grande éxito. Outros comentaristas, máis críticos, agoiran que estamos perante o derradeiro Xacobeo, ese modelo de promoción cultural concibido en 1993 por Vázquez Portomeñe que, na súa configuración actual, estaría esgotado. Algúns tamén consideramos que o ano que agora conclúe, e que para maleficio da hostalería compostelá non vai volver ata 2021, supuxo un antes e un despois na concepción dos camiños de Santiago. De feito, neste Xubileu temos asistido a irrupción dun turismo low cost, froito da crise, que contribuíu a deturpar, máis aínda nos 100 últimos quilómetros que dan dereito ó certificado da Compostela, o tradicional espírito e sentido da peregrinaxe.

As alarmas soan cando na era da información volven actuar os escribáns turibularios, aqueles que non teñen recato en manipular a historia introducindo, ó xeito dos falsarios de antano, cronicóns interesados para maior gloria dos poderes establecidos. Causa auténtico abraio ter comprobado que unha enquisa, realizada entre os cibernautas para determinar quen tería sido o responsable do actual pulo peregrinatorio, proporcionou datos tan pintorescos como que foi obra do Goberno Galego, logro persoal de D. Manuel Fraga Iribarne, consecuencia da actuación da Igrexa compostelá ou das visitas do papa Xoán Paulo II. Ninguén pon en dúbida que estes actores contribuíron a promocionar o Camiño, pero eles sos nunca serían quen de nos explicar o silandeiro crecemento dos anos 80, o progresivo redescubrimento dunha meta sagrada engaioladora ou a posta en marcha dunha rede asistencial de balde na que se practicaba, e aínda se practica “á numantina”, unha acollida moi semellante á que caracterizaba ós itinerarios xacobeos no Medievo. En internet abundan as twiteradas e facebookadas que o simplifican todo, e as opinións e mensaxes de curto alcance, expresadas sen o máis mínimo coñecemento da recente historia da peregrinaxe, acábanse impoñendo.

ELIAS VALIÑA CON OBISPO DE LUGOPorén, no pasado Ano Santo houbo un ausente, un desaparecido en combate, un pequeno home que cos seus medios, e maila axuda doutros iluminados coma el, conseguiu o milagre que agora estamos vivindo para gozo de políticos, cregos e mercadores. Falamos de Elías Valiña, aquel teimudo párroco do Cebreiro que, sempre moi consciente do que facía, encheu o Camiño de frechas amarelas na procura dunha utopía.

La Pereda-6Cando pintaba frechas pola raia do Pirineo adiante, a Garda Civil o detivo, pensando que balizaba pasos de entrada e saída para os etarras. Debidamente identificado, en resposta a cal era a razón de tan estraño esforzo, o señor cura espetou que con aquelas humildes marcas ¡preparaba unha grande invasión! A resposta debeu deixar dun pasmo á Benemérita, pero Valiña ben sabía o que se traía entre mans.

Nin os políticos nin os arcebispos daquela época prestaron a máis mínima atención a D. Elías, ó cal tiñan por alumeado e tolo. Cando o mitrado da sé que custodia o corpo do apóstolo recibiu unha carta de Valiña, solicitando que en Compostela se habilitara un albergue para acolleren os peregrinos, estivo nun intre de chamar a Conxo.

Eran tempos de puro escepticismo institucional, case ninguén podía albiscar que o aínda débil renacemento xacobeo deviría nunha auténtica avalancha humana, a masificación que agora coñecemos, e Elías, soamente coa axuda doutros entusiastas, entre os que se contaban numerosos “axentes” esparexidos polo Camiño Francés para evitaren a destrución das vereas antigas, e os membros dalgunhas asociacións de amigos do Camiño comprometidas, seguía erre que erre, coma un rebelde con causa, vivindo aquela epopeia nunha mestura de permanente gozo e frustración.

Cando facíamos o Camiño o pasado mes de setembro, ó chegarmos a Mirallos coñecemos a historia dun peregrino que sufrira un accidente neste lugar. Tras caer da bicicleta, bateu coa testa no chan, con tan mala fortuna que ficou conmocionado. Nati, a rapaza que traballa no bar O Manuel, saíu correndo á pista e tentou axudar ó infortunado, comprobando que estaba afogando, pois a súa lingua taponaba a gorxa. Con moita coraxe, axiña procedeu a desatascar a canle respiratoria, e por fortuna o peregrino reaccionou, e pouco despois foi trasladado ó hospital de Lugo, onde a familia do bar foino visitar días despois. Falando con eles, que ademais teñen o único albergue privado de balde existente en Galicia, descubrimos, e non parece ser casual, que a casa acollera coma hóspede, cando sementaba as frechas amarelas, ó bo de Valiña.

O Cebreiro-24En 1989, sen chegar a coñecer o éxito da súa empresa, finou o cura do Cebreiro. Máis tarde viñeron os Xacobeos co Pelegrín, Paolo Coelho, Shirley MacLaine e Hape Kerkeling, o recoñecemento da UNESCO, o Príncipe de Asturias, o boom. A Xunta creou un premio co teu nome e no Cebreiro puxéronte un busto coa súa base ateigada de placas de agradecemento. Pero o tempo foi pasando e outros fóronse apropiando da túa obra, relegándote a historia.

Blog Mi Camino de Santiago de Jose Luis RoblesHoxe quérente facer ostracismo, Don Elías, damnatio memoriae, que dicían os clásicos, pero os que te seguimos, como os cristiáns dos tempos primitivos, sabemos que non este cuarto de millón de “supostos peregrinos” actuais, por máis que a metade sexan turistas agochados, no tería sido posible sen a túa desinteresada obra. Descansas no Cebreiro, esa mítica porta de Galicia agora transformada en área de servizo temática, pero os teus desvelos non foron en van. Nas pedras de casas e alpendres, na cortiza dos vellos castiñeiros, nos valados das corredoiras, nos postes do tendido eléctrico, as frechas amarelas seguen a pregoar, a través de tan modesto pero imprescindible testemuño, que ti fuches o fautor imprescindible, o grande pregoeiro e soñador deste peculiar rexurdimento. Velaí a túa herdanza por máis que os que logo se subiron ó carro fixeran, e sigan a facer, tanto balbordo para se colgaren as medallas.

Esta entrada fue publicada en 9- O Pintor de Frechas Amarelas, G- PRÉSTAMOS LITERARIOS y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s